José Luis Leis Correa
Webmaster e propietario da web
Nesta web persoal que lle dedico ao Soneira quero amosar todo o que se acadou e facer pública a súa información pra conservar e compartir con todos os que nos identificamos co noso equipo.   

Non resultou fácil recompilar datos pra reunir a información que se reflicte nesta web. A falta de documentación fíxome percorrer a memoria de moitos ex-directivos e ex-xogadores que viviron de preto a historia do Soneira e que, apoiado polos seguintes medios: Libro de actas dos primeiros anos de existencia, fotografías, actas arbitrais dalgunhas tempadas, relación de xogadores declarados pra a mutua de varios anos, fichas de xogadores de varias tempadas, reportaxes publicados nos xornais El Ideal Gallego e Hoja del Lunes dos primeiros anos do equipo e que atopei na Biblioteca Municipal de Estudios Locais da Coruña, datos obtidos da web www.lapreferente.com" así como tamén información que figura no libro “50 anos de historia de fútbol da Costa da Morte” de Xosé Mª Rei Lema e Xosé Mª Lema e do libro "Historia do C.D. Baio e da Liga da Costa" de Xosé María Lema Suárez, servíronme pra levar a cabo este traballo que agora presento.

                                                 
PRESENTACION NOTICIAS 50 ANIVERSARIO ALBUM DE FOTOS PLANTILLAS
COMPETICION LIBRO DE ACTAS PROTAGONISTAS VELLAS GLORIAS HISTORIAL
  DE ONDE SOMOS LIBRO DE VISITAS VOLVER INICIO VETERANOS DO SONEIRA
info@soneirasd.es
Soneira SD  (Vimianzo)
DE DONDE SOMOS