Homenaxe aos falecidos
Asistentes a misa
Un momento da misa
Algúns dos asistentes os diversos actos do homenaxe
Comida no Vía Rápida
Placa de Antonio de Correos
Placa de Juanillo
O sábado día 10 de xuño deste ano 2017 celebrouse a homenaxe a todos os falecidos do Soneira desde 1966 ano da fundación do equipo, da organización encargáronse Javier Antelo, José Manuel Carballo e Antonio Blanco.

Esta celebración estaba prevista levala a cabo o pasado ano 2016 pero ao coincidir co 50 aniversario do equipo atrasouse para non interferir cos actos programados polos responsables diso, da que formábamos parte moi activa os dirixentes de Vellas Glorias do Soneira.

Os actos deron comezo ás 13:00 horas coa celebración dunha misa oficiada por Amador Martínez Santos, exjugador do equipo soneirán. Asistiron á cerimonia os personaxes máis significativos das distintas xeracións e José Manuel Mouzo Soto, representou ao equipo actual así como aos veteranos do Soneira. Destacar no acto relixioso un momento moi intimo cando Amador convidou aos asistentes a bicar o lazo negro suxeito nunha camiseta do equipo exposta á beira do altar e que todos desfilamos cara a ela vivíndose moita emoción sobre todo nos familiares dos homenaxeados.

Finalizado o acto relixioso desprazámonos ao restaurante Vía Rápida pra degustar un saboroso menú e onde puidemos lembrar bonitas historias producidas ao longo de tantos anos. Antes de concluír, fíxose entrega das placas aos familiares con momentos moi estremecedores.
PRESENTACION NOTICIAS 50 ANIVERSARIO ALBUM DE FOTOS PLANTILLAS
COMPETICION LIBRO DE ACTAS PROTAGONISTAS VELLAS GLORIAS HISTORIAL
  DE ONDE SOMOS LIBRO DE VISITAS VOLVER INICIO VETERANOS DO SONEIRA
info@soneirasd.es
Soneira SD  (Vimianzo)
DE DONDE SOMOS