PUBLICIDADE NAS CAMISETAS (1966-2017)
Curiosidades do Soneira SD
Na tempada 1978-1979 obsequiábase aos equipos visitantes con este prato deseñado en exclusiva pra o Soneira. Podíase adquirir o mesmo polo prezo de 500 pesetas a unidade.
Placa recentemente recibida da Federación Galega de Fútbol. Suponse que no seu día a federación comunicou ao Soneira que pasasen a recollela pero non se fixo. Facendo limpeza de local atopáronse con ela e avisaron a un directivo para que se fixese cargo da placa. Foi unha pena non sabelo antes para poder mostrala na exposición. No entanto, benvida sexa para lucir na vitrina do equipo.

OS NOSOS CAMPOS NOS ALBORES

Un pouco de historia, vouvos a relacionar os campos de fútbol antes da existencia oficial do Soneira: Os Campelos, o do Cura (hoxe o municipal), o da Areosa (onde agora fan o curro), o da Torre, o da Falanxe, Trasouteiro, o do tiro (en Tedín, onde practicaba a Garda Civil), Astilladora, o da Leiteira (a beira do lavadoiro da Torre, chamabámoslle así porque existiu un proxecto de instalar unha Central Leiteira).
ORIXE DO UNIFORME DO SONEIRA

Pola documentación consultada e os informes de persoas fiables e que  viviron aqueles momentos, expoño a evolución do uniforme do equipo.

Tomando como base a primeira fotografía realizada en 1948 observamos que a maioría dos xogadores pousan con camisas brancas de botóns e outros con camisetas de tiras ou de manga curta, en canto ao pantalón hainos de varios tons e algún con pantalón longo e en canto ás medias cada un cos seus calcetíns.

Nos anos 50 a uniformidade xa é máis seria e observamos nas fotografías que a cor das camisetas (camisas de manga longa e de botóns) é branco, a cor dos pantalóns negro e as medias negras con volta de cor branca.

Antes da década dos 60 cambiaríase a pantalón branco conservando o resto cos mesmos cores. Tamén existiu outro uniforme en que a camiseta era verde.

Coa incorporación oficial do Soneira á Liga da Costa no ano 1966 cómprase o uniforme novo en Cuenca e Botana da Coruña. Diso encargouse Pepe Mouzo secretario do Club ao cal acompañou Moli. A intención do primeiro equipamento era a de comprar a camiseta branca e pantalón negro de acordo ás orixes do equipo pero dándose conta que este uniforme era o que usaba o Ponteceso (equipo máis antigo que participaba na Costa desde o seu inicio 1963) decidiuse pola cor branca para o primeiro equipamento e como segunda unicamente o cambio da camiseta que sería a rallas verticais de cor negra e vermello, ambos os equipamentos con pantalón e medias brancas. Esta primeira equipación sería o uniforme oficial do Soneira ao longo destes cincuenta anos.

A partir de aquí e nalgunhas tempadas estreáronse varios uniformes doutras cores pero perdurou o cor branco que distingue ao noso equipo e que non se tratou de imitar as cores doutros equipos.

Calquera parecido coa realidade é pura coincidencia.
Tempada Entidade Categoria
1966 a 1980 Sin patrocinador
1981-1982 Banco Central y Pref. Añón Senior
1982-1983 Banco Central Senior
1983-1984 Alimentación Salgado Senior
1984-1985 Alimentación Salgado Senior
1985-1986 Alimentación Salgado Senior
1986-1987 Pulidos Galicia Senior
1987-1988 Sport Autos FORD y Pulidos Galicia Senior
1988-1989 Pulidos Galicia Senior
1989-1990 Ifomar Xuvenis
1990-1991 Discoteca Gardon Glas Senior
1991-1994 NO PARTICIPO
1995-1996 Induplán y Pulidos Galicia Senior
1996-1997 Induplán Senior
1997-1998 Induplán Senior
1997-1998 Cafetería Hilton Xuvenis
1998-1999 Induplán Senior
1999-2000 Induplán Senior
2000-2001 Induplán Senior
2001-2002 Induplán Senior
2002-2003 Induplán Senior
2003-2004 Imprenta San Cristóbal Senior
2004-2005 Imprenta San Cristóbal Senior
2005-2006 Induplán Senior
2006-2007 Electricidad Manolo / Autos Costa Senior
2007-2008 Pulidos Galicia Senior
2008-2009 Pulidos Galicia y Concello de Vimianzo Senior
2009-2010 Concello de Vimianzo Todas
2010-2011 Concello de Vimianzo Todas
2011-2012 Concello de Vimianzo Todas
2012-2013 Concello de Vimianzo Todas
2013-2014 Concello de Vimianzo Todas
2014-2015 Concello de Vimianzo Todas
2015-2016 Concello de Vimianzo Todas
2016-2017 Concello de Vimianzo
Todas
PRESENTACION NOTICIAS 50 ANIVERSARIO ALBUM DE FOTOS PLANTILLAS
COMPETICION LIBRO DE ACTAS PROTAGONISTAS VELLAS GLORIAS HISTORIAL
  DE ONDE SOMOS LIBRO DE VISITAS VOLVER INICIO VETERANOS DO SONEIRA
info@soneirasd.es
Soneira SD  (Vimianzo)
DE DONDE SOMOS